Feito en cartulina, pintado con acrílico, barnizado e recheo de distintas clases de chocolates. O tesouro dun neno/a en calquer época do ano.
Cun mapa incluído que aconsella ós rapaces para que aforren, porque esta caixa de chocolates, tamén é unha hucha. O mapa do tesouro é un pequeno poema que di: "Se queres ter ben de ouros, troca o choco por metal. Por cada doce unha moediña, verás que tesouro farás."
Por dentro pintado en granate e tamén barnizado.
Precintado cunha cinta de regalo bermella, á que vai enganchado o mapa.
Forrado con papel marelo transparente.
Pola parte traseira, adherido ó envoltorio, ingredentes e información nutricional.
No hay comentarios:
Publicar un comentario